Escuderia Silleda nace no verán de 2023, grazas á paixón e ao impulso de Juan Pablo Cajide, un gran afeccionado ao mundo do motor dende pequeno.
Movido polo recordo das emocionantes carreiras que antigamente percorrían as estradas do noso concello, Juan Pablo decidiu dar un paso adiante e reunir a amigos e familiares cun obxectivo claro: revivir o espírito do automobilismo en Silleda.
Así foi como, con ilusión, traballo en equipo, e moito amor por este deporte, se fundou esta escudería. O noso soño era volver a escoitar ruxir os motores polas nosas terras e compartir esta paixón con toda a veciñanza, afeccionados, e futuras xeracións.
Dende entón, Escuderia Silleda converteuse na entidade organizadora do Rallysprint Concello de Silleda, unha proba que xa vai pola súa segunda edición e que se está consolidando como unha cita destacada no calendario automobilístico galego.
O noso compromiso é seguir traballando para mellorar cada ano, ofrecendo unha competición segura, emocionante e con sabor local.
Seguimos aprendendo, mellorando e medrando en cada evento, sempre coa mesma ilusión do primeiro día e coa vontade de facer as cousas ben. Sabemos que o camiño está cheo de retos, pero tamén de oportunidades para seguir construíndo algo bonito para Silleda e para o motor galego.
En Escuderia Silleda, traballamos para fomentar o automobilismo tanto a nivel local como rexional, organizando eventos, apoiando a outras escuderías, e recuperando a tradición automobilística que forma parte da nosa identidade.
MOITAS GRAZAS: